Dous cans e un gato, mortos nun incendio nunha casa de Nantes

Sanxenxo
01 de marzo 2025
Actualizado: 15:04

O lume rexistrouse na mañá deste sábado no salón dunha casa do lugar de Pazos, na parroquia de Nantes. O incendio orixinouse nun saco de pellets próximos a unha caldeira

Incendio nunha casa en Nantes, Sanxenxo
Incendio nunha casa en Nantes, Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Dous cans e un gato faleceron este sábado nun incendio rexistrado en Sanxenxo.

Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, o lume rexistrouse no salón dunha casa da parroquia de Nantes.

Todo ocorreu durante a mañá deste sábado no lugar de Pazos, segundo a información oficial facilitada.

O incendio orixinouse nun saco de pellets próximos a unha caldeira.

Até o lugar dos feitos trasladáronse do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local de Sanxenxo.