Dous cans e un gato faleceron este sábado nun incendio rexistrado en Sanxenxo.
Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, o lume rexistrouse no salón dunha casa da parroquia de Nantes.
Todo ocorreu durante a mañá deste sábado no lugar de Pazos, segundo a información oficial facilitada.
O incendio orixinouse nun saco de pellets próximos a unha caldeira.
Até o lugar dos feitos trasladáronse do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local de Sanxenxo.