Dous condutores feridos tras chocar na vía rápida da Lanzada

Sanxenxo
26 de xuño 2026

Un dos implicados, que circulaba en dirección a Sanxenxo, invadiu o sentido contrario. Na súa manobra golpeou contra o lateral dun coche e embestiu a outro

Accidente na VG-4.1, en Noalla
Accidente na VG-4.1, en Noalla / Concello de Sanxenxo

Dous condutores resultaron feridos nun accidente de tráfico que se rexistrou na VG-4.1, a vía rápida entre Sanxenxo e A Lanzada.

O sinistro foi ás once da mañá á altura do cemiterio de Noalla.

Un dos implicados, que circulaba en dirección a Sanxenxo, invadiu o sentido contrario.

Na súa manobra golpeou contra o lateral dun coche e embestiu a outro.

Nesta última colisión foi na que os dous condutores resultaron feridos.

Un deles, segundo confirmou o Concello de Sanxenxo, foi derivado ao hospital pero, en principio, non presenta risco vital.

O accidente produciu retencións importantes nesta vía, pero non foi necesario desviar o tráfico.