Dous décimos do segundo premio do Neno foron vendidos en Cambados e A Lama

O Salnés
06 de xaneiro 2017

O número 95379, segundo premio do Sorteo do Neno, estivo repartido entre varias localidades da provincia de Pontevedra, entre elas Cambados e A Lama. Este segundo premio está dotado con 75.000 euros ao décimo

Segundo premio do sorteo de El Niño Loterías y Apuestas del Estado

O número 95379, segundo premio do Sorteo do Neno, estivo repartido entre varias localidades da provincia de Pontevedra, entre elas Cambados e A Lama.

Este segundo premio está dotado con 75.000 euros ao décimo.

Precisamente foi un único décimo vendido por terminal o que tocou no estanco de Paz Ogando, no Concello da Lama.

Do mesmo xeito, o Restaurante Mar de Arousa, en Cambados, vendeu un único boleto do 95379.