Dous mariñeiros veciños de Marín foron rescatados e está "a salvo e ben" tras afundirse o buque no que faenaban fronte ás costas de Mauritania.
Os dous ían a bordo do pesqueiro vigués Tafra 3, de capital galego-mauritano, afundido fronte a Nouadhibou na tarde o venres como resultado dunha colisión co buque ruso Right Whale.
A bordo ían 26 tripulantes. 21 foron rescatados e cinco continúan desaparecidos.
O Concello de Marín indicou este sábado que seguen "moi de cerca" as informacións sobre o pesqueiro, "coa consternacións dos mariñeiros desaparecidos".
No pesqueiro ían dous galegos e o Concello confirma que son veciños de Marín e que están xa en porto.
Fontes oficiais da Delegación do Goberno confirman que o cinco desaparecidos son de orixe mauritano e que os tripulantes españois están todos "a salvo e ben".
O consulado está en contacto desde o primeiro momento con eles.
Segundo avanza a Delegación do Goberno, lé facilitará todos os trámites necesarios para que poidan volver a España.