Dous novos xuízos por agresión sexual a menores de idade chegan á Audiencia Provincial

O Salnés
11 de febreiro 2023

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para a próxima semana dous xuízos por agresión sexual a menores de idade

Audiencia Provincial de Pontevedra Cristina Saiz

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para a próxima semana dous xuízos por agresión sexual a menores de idade.

Un dos casos procede do partido xudicial de Vilagarcía. A Fiscalía pide cinco anos e un día de prisión para un home acusado dun delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos. 

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, este individuo realizou tocamentos en varias ocasións a unha nena coa que convivía e coa que mantiña unha relación de familiaridade. 

O segundo xuízo procede do partido xudicial de Ponteareas e sentará no banco a outro home para o que a Fiscalía solicita unha condena de 14 anos de prisión por agresión sexual con acceso carnal a menor de idade.