A billarda, un dos xogos populares con maior tradición en Galicia, abriuse camiño na televisión nacional. Foi na última emisión do programa "Got Talent", no que participaron dous 'palanadores' -como se coñecen aos xogadores deste deporte- de Bueu.
Ata o Teatro Alcalá de Madrid, no que se grava este programa de Telecinco, viaxaron Salvador Santos Solla 'Charri' e Xan Rodiño, integrantes do equipo Corredoiras de Bueu, que trataron de explicar o funcionamento deste xogo ancestral.
Fíxoo un Xan Rodiño que subiu ao escenario vestido coa tradicional 'coroza' de xunco.
Tras lembrar que existen referencias literarias da billarda desde a Idade Media, ambos explicaron que o obxectivo do xogo era elevar o pau do chan co 'palán' para, a continuación, golpealo ata que impactase sobre unha pantalla ao fondo do escenario.
Pero, como recoñeceron despois da súa demostración, "o que podía pasar pasou" e aínda que lograron golpear o pau, este desviouse por encima do seu obxectivo.
Ese foi o límite da paciencia de Risto Mejide, que activou a súa pulsador vermello para tentar deter a actuación. Pero non o logrou porque os seus outros dous compañeiros do xurado, Dani Martínez e Edurne, si aceptaron o reto dos concursantes. Probar sorte coa billarda.
"Apartaros todos", chanceaba o cómico leonés antes de tentalo. Non fixo falta. Tivo éxito á primeira. "No puede ser que Dani le dé y yo no", engadía Edurne. No seu segundo intento, fíxoo mesmo mellor e o pau impactou contra o centro da pantalla.
Entre os aplausos do público, a cantante celebrou o seu acerto. "No sabes lo difícil que es, me voy muy feliz", aseguraba Edurne antes de dar o seu "si" aos xogadores de billarda. A pesar da oposición de Risto, Dani deulles o pase á seguinte rolda ao apoiar aos de Bueu.
A actuación completa de Salvador Santos Solla 'Charri' e Xan Rodiño pódese ver no web de Telecinco.