Dúas persoas que circulaban nunha motocicleta polo termo municipal de Cuntis resultaban feridas nun accidente que se producìa ao colidir cun turismo.
O suceso rexistrábase este domingo na EP-8401, a estrada entre Portela e Souto de Vea. Segundo informan desde o Concello de Cuntis, ata o lugar desprazáronse os equipos de Emerxencias municipais e axentes da Garda Civil de Tráfico, para atender os feridos e esclarecer as causas do impacto.
As dúas persoas feridas foron trasladadas por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario para comprobar a gravidade dos danos.