Dúas pezas e infinitas posibilidades de mobiliario urbano

Pontevedra
03 de novembro 2014

Empregando como punto de partida dúas pezas modulares de madeira, a interiorista Yolanda Rodríguez, o electricista Rafael Santomé e a titulada en Dirección e Administración de Empresas Isabel Portela deron forma a Urb@nc, un proxecto de mobiliario urbano premiado no programa sociocultural Tangram

Gañadores do concurso de deseño de mobiliario urbano Mónica Patxot

Empregando como punto de partida dúas pezas modulares de madeira, a interiorista Yolanda Rodríguez, o electricista Rafael Santomé e a titulada en Dirección e Administración de Empresas Isabel Portela deron forma a Urb@nc, un proxecto de mobiliario urbano premiado no programa sociocultural Tangram.

Mesas, bancos, hamacas, aparcabicicletas ou cadeiras, fórmanse de xeito "sinxelo e versátil", a partir da combinación das dúas pezas.

O xurado atopa este deseño coma "funcional, adaptable e economicamente accesible" polo que foi seleccionado por unanimidade como gañador do concurso Apostando polo deseño para tod@s. que buscaba promover a creación de mobiliario seguindo os principios do deseño universal.

O xurado estivo conformado por Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura; Carmen Fouces, concelleira de Benestar; Ana Oróns, secretaria xeral de Confemadera, e Ana María Prieto, xerente da Federación Galega de Parálise Cerebral.

Esta distinción abre aos gañadores a posibilidade de presentar a súa idea a representantes do sector do moble e da madeira, co obxectivo de que estuden a viabilidade de convertela en realidade.