E agora que? Reinventa a túa empresa con AEMPE

Pontevedra
21 de maio 2020

AEMPE, a Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra, presenta un programa de formación destinado a que as empresas aproveiten as súas fortalezas para construír un negocio sólido que permita unha volta á normalidade trala crise sanitaria nas mellores condicións

E agora que? Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus
E agora que? Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus / AEMPE

AEMPE, a Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra, presenta un programa de formación destinado a que as empresas aproveiten as súas fortalezas para construír un negocio sólido que permita unha volta á normalidade trala crise sanitaria nas mellores condicións.

Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus está dirixido a empresarios, profesionais de empresa que participan na dirección e xestión de PEMES, emprendedores e sucesores na xestión de empresas familiares dispostos a reaccionar e construír un plan de reconstrución ou reinvención das súas organizacións nestes novos tempos do coronavirus.


CANDO OS TEMPOS SON DUROS, SÓ OS DUROS AVANZAN

A irrupción do coronavirus nas nosas vidas está facéndonos ver que a súa chegada non é unha crise máis, estamos ante unha nova era. Xa nada é igual, e o máis importante, nada será igual. Debes reinventar a túa empresa e transformar a túa organización.

Conscientes do que iso significa para os xestores de empresa, AEMPE quere ser a primeira en reaccionar contigo para axudarche a debuxar un plan "anticrise" poñendo á túa disposición:

  • Un foro de reflexión para todos os que temos empresas e persoas ao noso cargo e que asumimos a responsabilidade de impedir a parálise económica do noso país
  • Un programa de formación e desenvolvemento que sirva para contar coa mellor información e os mellores consellos de expertos que arroxen luz sobre as decisións e accións que deben guiar o futuro inmediato da túa empresa
  • Un lugar de encontro, porque os momentos e as decisións dificiles levan mellor en boa compañía


MÓDULOS DO PROGRAMA

  • Estratexia ante a crise: O plan de reinvención da túa empresa
  • As relacións laborais e as decisións que debes tomar xa ante esta crise
  • Como planificar e controlar a xestión económico-financeira en situacións críticas?
  • Cando os tempos son duros, só os duros aguantan: Alternativas financeiras para soportar esta crise
  • Craves para reorganizar a túa empresa e redimensionar o teu persoal
  • Que hai de novo e que xa non serve no márketing tras o coronavirus?
  • Como asegurar e xestionar a cadea de subministración na nai das crises?
  • Transformando dixitalmente a miña empresa en tempos do coronavirus


DESTINATARIOS

Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus está dirixido a empresarios, profesionais de empresa que participan na dirección e xestión de PEMES, emprendedores e sucesores na xestión de empresas familiares dispostos a reaccionar e construír un plan de reconstrución ou  reinvención das súas organizacións nestes novos tempos do coronavirus.


OBXECTIVOS

Axudar aos participantes na toma de decisións e o deseño do seu inminente plan de acción ante a nova realidade. Contar para iso co criterio e o consello de expertos en planificación e xestión empresarial que contan cunha ampla experiencia en situacións de reinvención e reestruturación empresarial nas diferentes áreas da empresa.

Percorrer, unha a unha, as funcións crave nas que é imprescindible tomar decisións e contar cun plan de choque.

Axudar, achegando método, á elaboración dunha folla de ruta, un "kit de supervivencia anticrise", un Plan Director útil para elixir o futuro, repensar a túa organización e reenfocar o teu negocio.


AEMPE E GALICIA BUSINESS SCHOOL

  • Equipo docente 100% profesional: todos directivos de empresa
  • Formamos ás principais empresas galegas
  • O noso alumnos prescríbennos: satisfacción do 99%
  • Claustro formado por máis de 100 expertos en activo
  • Formación Internacional sen saír de Galicia


INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Curso gratuíto. AEMPE, comprometida coa formación, financia o 100% do custo deste programa de formación e desenvolvemento nestes momentos críticos para o futuro das nosas empresas
  • Modalidade de formación: presencial dixital
  • Duración: 24 horas divididas en 8 sesións
  • Datas: 26 e 28 de maio / 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de xuño
  • Horario: martes e xoves de 9:00 a 12:00
  • Información e inscrición: 986 866 376 / [email protected] / Formulario online