E despois do Carme de Marín... chegan as Festas de Seixo

Marín
17 de xullo 2023

Será a partir do venres, 21 de xullo, cunha programación que abrirá ao mediodía a actividade infantil Pakolas na Alameda de Seixo. A festa continuará en Marín durante os próximos días, cunha fin de semana protagonizada pola música

Presentación das Festas de Seixo Concello de Marín

Rematados os días grandes das Festas do Carme de Marín, a actividade festiva non remata e céntrase agora na parroquia de Seixo.

Será a partir do venres, 21 de xullo, cunha programación que abrirá ao mediodía a actividade infantil Pakolas na Alameda de Seixo.

Ese día, a partir das 23.00 horas, actuará o DJ Rubén na Praza do Mercado de Seixo.

O sábado, 22 de xullo, ao mediodía actuará na Alameda o Mago Paco e nos bares de Seixo, Os Saljaritieiros. 

O domingo continuará a programación coa actuación de novo nos bares de Seixo de Os Saljaritieiros ao mediodía. A partir das 22.00 horas actuarán as orquestra D`Noche e Queimada.

As festas rematarán o luns 24 coa actuación musical, ás 23.00 horas, de Galicia na Praza do Mercado de Seixo.

Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas e Manuel Solla e Cristina Souto, integrantes da directiva da asociación Acemas, presentaron este luns a programación na parroquia durante os próximos días. 

Tamén anunciaron que a festa continuará en Marín durante os próximos días, cunha fin de semana protagonizada pola música.

O sábado ás 21.00 horas será o Festival de Gaitas Airiños de San Xulián coa participación da Escola Municipal de Música na Alameda, no que participarán a Banda de Gaitas Inllar de Ponteceso (A Coruña) e a Banda de Gaitas A Insua (Tui).

A partir das 22:00 horas, haberá animación musical polas rúas e prazas coa seguinte programación:

  • 22:00 horas. Estrada (Juan Sito): Dúo Gaia 
  • 22:30 horas. Ezequiel Massoni (Pilaro – Nao – Rural): Four Passenger
  • 22:30 horas. Méndez Núñez (Freixo – Construmar – Huerta de la Abuela): Desconcerto
  • 23:00 horas. Alameda: Raúl & Cia
  • 23:00 horas. Augusto Miranda (As Vides – Pizzería – Plaza): Pop rock & Café con leche  
  • 00:00 horas. Paseo Alcalde Blanco: DJ Jorge Álvarez