O CEIP do Príncipe Felipe, agora denominado CEIP Daría María González García, inaugurábase en 1976. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, afirmaba este venres que a institución provincial investirá máis de 1.100.000 euros na mellora destas instalacións que, segundo explicou, como o resto destes edificios do Príncipe Felipe presentaba "patoloxías" ao atoparse en malas condicións.
A Xunta de Goberno aprobaba a renovación da cuberta do edificio do centro educativo de Infantil e Primaria cun investimento de 300.000 euros para renovar a cuberta actual e garantir a habilitabilidad e salubridade do inmoble. Implantaranse, segundo explicou a presidenta provincial, tres niveles de cuberta, sobre a planta baixa, a antiga vivenda da conserxería e no sueste do edificio e segunda planta.
Desta forma a obra afectará a máis de mil metros cadrados co cambio de material de baixantes, canlóns de pluviais, substitución de fibrocemento por paneis de aceiro prelacado, entre outras actuacións.
A presidenta lembrou que xa está contratada tamén a redacción do Proxecto de mellora integral da envolvente deste mesmo centro educativo cun investimento de 800.000 euros. Carmela Silva afirmou que é un "escándalo" que a Deputación teña que abordar estas obras porque este centro é xestionado pola Xunta de Galicia e depende da Consellería de Educación, xa que o inmoble foi cedido pola Deputación á administración autonómica.
A máxima representante da provincia explicaba que o lóxico sería que as obras se realizasen pola Xunta pero "nin está nin a esperamos" e por responsabilidade, a institución provincial asumirá este esforzo porque "non imos ter un centro de educación nestas condicións", concluíu.