Educación anuncia actuacións urxentes no colexio Froebel

Pontevedra
17 de febreiro 2016

O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, anunciou actuacións urxentes que o seu departamento acometerá no colexio Froebel. En concreto, trátase da segunda fase das obras de carpintería na zona de Educación Infantil

Estado do Colexio Froebel, segundo a Xunta
Estado do Colexio Froebel, segundo a Xunta / Xunta de Galicia
Obras urxentes en colexios de Pontevedra /

O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, anunciou actuacións urxentes que o seu departamento acometerá no colexio Froebel.

En concreto, trátase da segunda fase das obras de carpintería na zona de Educación Infantil.

Non é a única actuación prevista pola Consellería xa que están en marcha obras para transformar a cuberta da pista deportiva nun novo taller de carpintería para o Centro Integrado de Formación Profesional da Xunqueira, onde se investirán ao redor de 483.000 euros.

Durante a súa visita ao Carlos Oroza, o xefe territorial de Educación lembrou que aínda ten pendente de resolver o problema de calefacción do colexio de Pontesampaio. Por agora foi o Concello de Pontevedra o que solucionou provisionalmente a situación instalando un depósito de combustible para fornecer á caldeira.