Educación autoriza o uso de mamparas nas aulas do instituto Valle Inclán

Pontevedra
03 de outubro 2020

A Xefatura Territorial de Educación deu o visto e prace á colocación de mamparas nas aulas do Instituto Valle Inclán de Pontevedra para posibilitar a presencialidade no bacharelato

A dirección do IES Valle-Inclán adapta os seus espazos ao protcolo de seguridade para o inicio do curso académico
A dirección do IES Valle-Inclán adapta os seus espazos ao protcolo de seguridade para o inicio do curso académico / Mónica Patxot

A Xefatura Territorial de Educación deu o visto bo á colocación de mamparas nas aulas do Instituto Valle Inclán de Pontevedra para posibilitar a presencialidade no bacharelato.

A decisión foi comunicada este venres por correo electrónico á Dirección do centro que á súa vez trasladou a noticia á Asociación de  Nais e  Pais  do Alumnado (Anpa) que fixo pública esta nova.

Ao longo da próxima semana a Dirección do IES Valle Inclán recolocará a todo o alumnado tanto da E.S.O. como de bacharelato á espera de que as mamparas queden instaladas.

Por parte do Anpa manteñen a súa intención de reunirse o xoves coa Inspección para trasladar as súas demandas. Igualmente expresaron o seu apoio á concentración convocada para o mércores no instituto Sánchez Cantón onde seguen buscando unha solución que permita que as clases sexan totalmente presenciais.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora