Educación cambiará o tellado de entrada ao CEIP Isidora Riestra

Poio
26 de outubro 2023

Acabar cos problemas de filtracións que se rexistran no CEIP Isidora Riestra é o obxectivo das obras que a Xunta de Galicia realizará no centro a principios do próximo ano. En concreto, Educación trazou un proxecto para cambiar o tellado da entrada ao colexio e ao pavillón

Tellado de entrada ao CEIP Isidora Riestra Concello de Poio

Acabar cos problemas de filtracións que se rexistran no CEIP Isidora Riestra é o obxectivo das obras que a Xunta de Galicia realizará no centro a principios do próximo ano.

En concreto, Educación trazou un proxecto para cambiar o tellado da entrada ao colexio e ao pavillón, e ademais resolveranse os problemas de humidade que existen nunha das paredes de acceso ao ximnasio escolar.

Así llo trasladaron á dirección do colexio a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.

Esta actuación permitirá resolver unha demanda do centro para substituír definitivamente a uralita e solucionar os problemas que se repetían cada inverno coa chegada das choivas.

Durante a visita ao colexio, ambos os dous dirixentes estiveron acompañados polos técnicos que nas próximas semanas redactarán o proxecto que se executará nos primeiros meses de 2024.