Edugal abre as súas portas esperando "llegar a los 18.000 visitantes"

Pontevedra
26 de febreiro 2014

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle a terceira edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia ata o próximo venres día 28 de febreiro

III Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal Mónica Patxot

O Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, inaugurou a súa terceira edición no Recinto Feiral de Pontevedra apostanto por nesta ocasión polo emprendemento e a formación dual.

Ata o próximo venres 28 de febreiro 35 expositores ilustrarán a oferta educativa de Galicia vinculada á empresa e ao emprego dirixíndose a pais, alumnado de ESO, Bacharelato e FP ou profesionais do ensino.

Ademais Edugal complétase cunhas xornadas técnicas sobre orientación educativa e tamén profesional en España e Galicia.

O director do evento, Eduardo Barros, sinalou que o salón pretende consolidarse como un referente en Galicia e o norte de Portugal, esperando "llegar a los 18.000 visitantes" na edición recén inaugurada.

Dentro do tema escollido este ano, a formación dual, Barros defendeu a necesidade das empresas de mellorar a súa competitividade, algo que "se consigue con un personal que esté mejor formado".

Ademais dos representantes da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE), organizadora de Edugal, teñen esta presentes na inauguración representantes de Concello de Pontevedra, Deputación, Xunta e Universidade de Vigo.