Eleccións 26-X: Normalidade nos colexios de Pontevedra e maior participación que o pasado 20-D

Pontevedra
26 de xuño 2016
Actualizado: 22:36

Seis meses despois das últimas eleccións xerais, os pontevedreses volvimos ás urnas para elixir ao novo presidente do goberno. E, desde primeira hora deste domingo, fixémolo sen que se rexistrara incidente de ningún tipo, segundo confirman desde a Delegación do Goberno en Galicia. A normalidade foi a tónica xeral deste 26-X

Xente votando nas eleccións xerais do 26-X
Xente votando nas eleccións xerais do 26-X / Diego Torrado

Seis meses despois das últimas eleccións xerais, os pontevedreses volvimos ás urnas para elixir ao novo presidente do goberno. E, desde primeira hora deste domingo, fixémolo sen que se rexistrara incidente de ningún tipo, segundo confirman desde a Delegación do Goberno en Galicia. A normalidade foi a tónica xeral deste 26-X.

As 1.341 mesas electorais da provincia constituíronse á hora prevista, ás oito da mañá. Nelas, estaban chamadas a votar un total de 773.157 persoas. Nas súas mans estaba elixir os sete deputados e aos catro senadores que representarán a Pontevedra na nova lexislatura.

E debido a importancia desta tarefa, os pontevedreses responderon mellor que nos últimos comicios de decembro do pasado ano.

A participación alcanzou un 70,73% ao exercer o seu dereito ao voto 546.848 persoas, seis puntos e medio máis que nas últimas eleccións.

E iso que ata as seis da tarde votara só un 53,33% das persoas rexistradas no censo electoral. Eran case oito puntos menos que o 20-D, día no que a estas mesmas horas rexistrábase unha porcentaxe do 61,03%.

Unha das claves puido estar no bo tempo que animou á participación durante a mañá, pero que puido prexudicar ao longo do día. Así se explica que, ás dúas da tarde, votara o 35,85% do censo fronte ao 34,29% que o facían seis meses atrás.