Eliminan as pintadas vandálicas no mural do río dos Gafos

Pontevedra
19 de abril 2021

O graffiteiro O Ras e a oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra interviñan durante a fin de semana para renovar o mural artístico colaborativo que foi, durante a semana pasada, parcialmente borrado con pintadas

Recuperación do mural no río dos Gafos
Recuperación do mural no río dos Gafos / Vaipolorío

A asociación Vaipolorío, encargada de maneira voluntaria da limpeza do Gafos, denunciara o acto vandálico durante a semana pasada que provocou o borrado parcial do mural creativo que se atopaba nun tramo do río Gafos debido á presenza de pintadas. 

A partir de  eses momento, desde a oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra, que promovera esa creación colaborativa, puxéronse en contacto co graffiteiro O Ras, monitor daquela actividade e ao  largor da fin de semana este artista dedicouse a recuperar as imaxes orixinais e que recrean ambientes naturais en consonancia coa contorna.

Desde a asociación Vaipolorío agradecen a rapidez na intervención e este labor que permite combinar arte, respecto e sensibilidade polo medio natural.