Este domingo, día grande das Festas do Carme en Marín, celebrábase a tradicional procesión marítima coa participación de numerosas embarcacións que homenaxeaban á patroa do mar.
María Ramallo, alcaldesa de Marín, participaba nos actos, acompañada por outros integrantes da corporación municipal.
Ademais, familiares das vítimas do buque Villa de Pitanxo tamén quixeron realizar unha homenaxe aos tripulantes da embarcación que naufragou en Terranova en febreiro de 2022. Un ramo foi colocado no monumento que lembra a estes mariñeiros.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.