Empezan a retirar a vella cuberta do Pavillón Municipal

Pontevedra
19 de xullo 2016

Os traballos de substitución da cuberta prolongaranse, segundo as previsións, ata finais do mes de agosto, data na que se acometerá unha limpeza xeral e a colocación de nova iluminación para que estea lista para a nova tempada deportiva

Obras na cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes
Obras na cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes / Concello de Pontevedra

As obras de substitución da cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes avanza "cumprindo os prazos".

Nas últimas horas os operarios da empresa encargada das obras comezaron a retirar a vella cuberta, unha vez terminado o pintado das cerchas.

Se se cumpren as previsións a finais do mes de agosto o pavillón estaría listo para acometer unha limpeza xeral e para colocar a nova iluminación, paso previo a acoller unha nova tempada deportiva dos clubs pontevedreses.

A actividade deportiva está agora restrinxida na súa totalidade, e só se mantén a actividade nas oficinas.

Desde o luns permanece instalada na parte traseira do pavillón un guindastre de grandes dimensións, co que se comezaron a retirar algúns dos paneis do teito.

A empresa encargada dos traballos é Goméz Crespo Obras e Servizos S.L, cun orzamento total de 605.951,06 euros.