En 10 minutos "voan" as prazas para participar no primeiro roteiro da Deputación para ver aves

Pontevedra
13 de xaneiro 2020

Na mañá deste luns abríase o prazo para inscribirse na primeira destas excursións ornitolóxicas pola provincia, que se vai desenvolver na enseada de San Simón. Este programa denominado 'Voando polas Rías Baixas' continúa acadando un notable éxito de participación 

Aves
Aves / simonrumi - Flickr

En tan só 10 minutos cubríanse as 25 prazas que a Deputación, en colaboración con SEO Birdlife, ofrece dentro do programa ' Voando nas Rías Baixas' para a primeira excursión ornitolóxica que está prevista para o 26 de xaneiro na enseada de San Simón. 

O prazo abríase na mañá deste luns e, en 20 minutos, a páxina web deste programa da  Deputación recibiu máis de 60 solicitudes, despois dunha fin de semana no que se realizaron 1.200 visitas, segundo apuntan desde a  Deputación de Pontevedra.

As seguintes excursións, tamén para grupos reducidos de 25 persoas, serán os seguintes días:

O 16 de febreiro vai levarse a cabo o roteiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha zona declarada humidal de importancia internacional e a reserva ornitolóxica máis grande de España. Neste caso poderanse observar aves acuáticas  invernantes. O prazo de inscrición estará aberto entre o 3 ao 12 de febreiro.

O 8 de marzo a visita será ao Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, zonas con gran variedade de aves palustres. As persoas interesadas poderanse apuntar entre o 24 de febreiro e o 4 de marzo.

A cuarta excursión desenvolverase o 31 de maio nas Brañas de Xestoso, onde se concentran aves rapaces como o aguia  culebrera. O prazo para inscribirse irá do 18 ao 27 de maio.

O último roteiro realizarase á Serra do Suído o 21 de xuño para observar a grandes aves rapaces como o voitre  leonado ou o aguia calzada. As datas para apuntarse sitúanse entre o 8 e o 17 de xuño.

Para inscribirse deberá cubrirse o formulario habilitado na páxina web da Deputación.