En Barro si queren aos veciños que traballan en tempos do Covid-19

Umia
16 de abril 2020

A iniciativa dunha comunidade de colgar mensaxes de agradecemento aos seus veciños xorde como resposta ás ameazas recibidas por parte de traballadores nos seus lugares de residencia

Nun bloque de vivendas de Barro colocan carteis en apoio aos veciños que traballan durante a pandemia
Nun bloque de vivendas de Barro colocan carteis en apoio aos veciños que traballan durante a pandemia

Invitacións amigables e outras non tanto a abandonar o seu fogar son situacións coas que están a ter que lidar estes días o persoal sanitario, farmacéuticos, policías ou traballadores de supermercados por parte de veciños que teñen medo a que os contaxien. Na rúa As Baladas de Barro non só condenan este tipo de comportamentos, se non que colgan carteis para mostrar o seu apoio e agradecemento polo labor que realizan.

"Sabemos que traballas nun dos sectores dos que teñen que estar abertos por encesidad ou porque tes que ir ao teu traballo co consecuente perigo para ti. Queremos apoiarche e darche ánimos. Sentimos orgullosos de ter veciños como ti", recolle un dos carteis repartidos polas zonas comúns dun bloque de vivendas desta rúa.

A iniciativa partiu dun grupo de veciños como resposta ás ameazas que están a recibir algúns destes traballadores que están en primeira liña de batalla contra a pandemia. Por iso, animan a outras comunidades de veciños a seguir o seu exemplo e mostrar o apoio que merecen a estas persoas.