En decembro finalizarán seis obras no rural cun investimento de preto de 2,5 millóns de euros

Pontevedra
28 de marzo 2022

A empresa Covsa será a encargada de executar estes proxectos de maneira simultánea nas parroquias pontevedresas de Lourizán, Campañó, Marcón, Canicouva, Mourente e Lérez

Traballos de asfaltado
Traballos de asfaltado

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra anunciaba este luns a adxudicación á empresa Covsa das obras previstas en seis parroquias pontevedresas, que rematarán a finais deste 2022.

Anabel Gulías, portavoz do goberno local, sinalaba que se trata dun proxecto moi ambicioso con obras en Rial, Mean, Liñares na parroquia de Lourizán; de Carballiños a Ferreiros en Campaño; en Peraba, Marcón; no acceso a  Cacheiro na zona de Canicouva; entre O Pazo e Carabelos en Mourente; e en Ramallás, en Lérez.

A adxudicación provisional estableceuse en 2.495.311 euros, tras a apertura de plicas nun concurso que establecía un importe de máis de 3 millóns para executar as obras. O prazo de execución dos traballos é de dez meses. 

A portavoz municipal indicou que está previsto que se inicien de inmediato y finalice de maneira simultánea en decembro.."Trátase de traballar o máis axiña", indicou Anabel  Gulías, pero recoñeceu que a situación actual con problemas con provedores e cumprimento dos prazos que afectan as empresas de construción teranse en conta.