En marcha a primeira edición das Rutas Saudables da AECC no Grove

O Salnés
02 de marzo 2024

A Asociación Española contra o Cancro indica que esta proposta comezará o xoves 7 de marzo e terá continuidade durante doce semanas. Están previstas dúas sesións todos os xoves ás 10.30 e ás 17.00 horas

Persoal do Centro de Saúde do Grove amosa o cartel das Rutas Saudables
Persoal do Centro de Saúde do Grove amosa o cartel das Rutas Saudables / AECC de Pontevedra

A Asociación Española Contra o Cancro organiza a primeira edición do seu programa Rutas Saudables no Grove, coa colaboración do Centro de Saúde da localidade

Trátase dunha actividade gratuíta que pretende evitar o sedentarismo da poboación e promover hábitos de vida saudables. 

Poden participar todas aquelas persoas que queiran comezar a realizar andainas beneficiosas para a saúde.

A primeira cita está prevista para o xoves 7 de marzo e terá continuidade durante doce semanas.

Estableceranse dous grupos durante os xoves, cunha sesión matinal ás 10.30 e outra en horario de tarde, ás 17.00 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected]