En marcha un plan de obras no rural con mais de 60 actuacións

Pontevedra
06 de maio 2016

Dende tapar fochancas ata arranxar camiños enteiros, limpeza de cunetas, traballos en pasos de auga ou de drenaxe, melloras de accesibilidade, reparación de muros, medidas de calmado de tráfico... ata máis de 60 actuacións están previstas no plan de obras do rural anunciado polo concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez

Traballos de bacheo nunha estrada rural
Traballos de bacheo nunha estrada rural / Concello de Ponte Caldelas

Dende tapar fochancas ata arranxar camiños enteiros, limpeza de cunetas, traballos en pasos de auga ou de drenaxe, melloras de accesibilidade, reparación de muros, medidas de calmado de tráfico... ata máis de 60 actuacións están previstas no plan de obras do rural anunciado polo concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez.

Estas actuacións terán estar rematadas antes do próximo inverno e que suman un orzamento de 1,1 millóns de euros.

Demetrio Gómez aclarou que son obras asociadas ás consecuencias dos rigores do inverno e sinaladas como prioritarias polas propias veciñanzas a través dos consellos parroquiais.

"Non é unha relación pechada xa que estamos nunha avaliación de necesidades continua" subliña o coordinador do Rural quen puxo en valor o esforzo realizado polos servizos técnicos municipais, que fixeron nun tempo marca a avaliación dos danos e deficiencias e redactaron os proxectos de actuación. Tamén destacou o papel que xoga e xogará a brigada de obras nestes traballos.

Demetrio Gómez tamén quixo dar as grazas dun xeito especial pola súa implicación e traballo realizado aos concelleiros responsábeis de parroquias Pilar Comesaña, Alberto Oubiña e Raimundo González Carballo e aos veciños que a pé de camiño foron vendo as necesidades e axudaron a priorizar as actuacións.