En Pontevedra, PP e PSOE len o resultado das eleccións xerais en clave de ENCE

Pontevedra
29 de abril 2019

O presidente local do PP e candidato á Alcaldía da cidade do Lérez, Rafa Domínguez, mostrouse convencido de que "a día de hoxe está moitísimo máis preto o peche da empresa". Pola súa banda o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, indicou que "en Pontevedra, nós tamén deixamos ben claro que non nos intimidan, nin as tres ultradereitas nin os poderes empresariais"

O PSOE celebra a vitoria electoral do 28A
O PSOE celebra a vitoria electoral do 28A / Mónica Patxot

En Pontevedra o Partido Popular e o Partido Socialista coincidiron en facer unha lectura do resultado das eleccións xerais deste domingo en clave de ENCE.

O presidente local do PP e candidato á Alcaldía da cidade do Lérez, Rafa Domínguez, afirmou que "no son unas buenas elecciones para el empleo en Pontevedra" e mostrouse convencido de que "a día de hoy está muchísimo más cerca el cierre de la empresa". Polo que conclúe que é un resultado "preocupante para todos".

Rafa Domínguez tamén destacou que o PP gañou na parroquia de Lourizán "y creo que ese es un dato para analizar".

Pola súa banda o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, indicou que "o presidente Pedro Sánchez xa mostrou que non lle treme o pulso á hora de loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria, feminista, diversa e con memoria... E en Pontevedra, nós tamén deixamos ben claro que non nos intimidan, nin as tres ultradereitas nin os poderes empresariais", subliña Tino Fernández.

O candidato do PSOE está convencido de que o próximo 26 M a cidadanía de Pontevedra "encheremos as urnas de puños e de rosas" porque "Pontevedra non é escrava de políticos reaccionarios nin dos intereses de grandes grupos empresariais. Pontevedra é da xente!".

"VOTAR A VOX BENEFICIARÁ A LORES"

Ademais, o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez asegurou que o voto ao partido de ultradereita de Santiago Abascal beneficiou á esquerda polo que advertiu que "votar a VOX en las elecciones locales va a ser votar a Lores", insistiu.

Neste sentido, o candidato do PP local ha destacado que tamén o Bloque obtivo en Pontevedra un resultado malo "en un contexto en el que todos los partidos independentistas han crecido" a formación do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "son la quinta fuerza en la ciudad". 

OS "ANOS DOURADOS" DE PONTEVEDRA

Tino Fernández tamén valorou que o apoio da cidadanía pontevedresa dálle á Agrupación Municipal Socialista "toda a ilusión e forza que precisa para afrontar a campaña de fronte as eleccións do 26 maio".

Na súa opinión, "Pontevedra viviu os seus anos dourados cando o PSOE estaba no goberno e iso é algo que mesmo Lores admite", polo que "chegou o momento de que o partido da igualdade e os dereitos sociais recupere o lugar que lle corresponde, tamén aquí, na nosa cidade".

PRIMAVERA SOCIALISTA

"A sociedade díxolle ‘basta’ á corrupción e á desigualdade. Sopran ventos de cambio, de liberdade e de dereitos sociais, e estou convencido de que os pontevedreses van seguir protagonizando esta primavera socialista o próximo 26 de maio". Deste xeito valora o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, "os históricos e contundentes resultados conseguidos polo partido na cidade".

Pola súa banda Domínguez cualificou o resultado do domingo como "malo" para o Partido Popular "a nivel nacional, autonómico, provincial e a nivel da cidade" aínda que matizou que "el resultado del PP gallego ha sido mejor que a nivel nacional" algo que cre "insuficiente", co detalle local de que "Pontevedra es la ciudad de las siete gallegas en la que ha bajado menos el porcentaje de voto" para o partido de Pablo Casado. "Tenemos que aprender de nuestros errores", engadiu Rafa Domínguez "el PP de Pontevedra pasa página", concluíu.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en