En sete días estará en funcionamento o aparcadoiro do Centro de Saúde de Marín

Marín
03 de maio 2021

Desde o último día de abril están a acometerse os labores de roza e a finais desta semana está previsto que se inicie o formigonado para que entre en funcionamento na segunda semana de maio

Revisión dos muros do aparcadoiro fronte ao Centro de Saúde Concello de Marín

A parcela situada fronte ao Centro de Saúde de Marín, cedida por Invied ao Concello, converterase a próxima semana nun novo aparcamento público. 

O venres, último día de abril, iniciáronse os labores de roza da leira e, ao longo desta semana, están a realizarse os traballos para arrombar o terreo de maneira que quede habilitado para o seu perfecto uso.

Sobre todo, está a prestarse atención ao reforzo dos muros para garantir a seguridade. A finais desta mesma semana realizaranse os traballos de formigonado.

Serán 40 novas prazas de aparcamento, ao unirse tres parcelas cedidas polo organismo estatal, segundo o goberno local. Con elas tentarase ofrecer unha solución á demanda de zonas de estacionamento nas proximidades do centro asistencial.