ENCE afunde na bolsa tras a sentenza que anula a prórroga da súa fábrica en Pontevedra

Pontevedra
19 de xullo 2021

Así, nun só día, Ence pediu o 12,79% do seu valor en bolsa. Os seus títulos intercambiáronse a 2,55 euros, tras baixar 37 céntimos con respecto á xornada anterior, segundo recolle a prensa económica

Cotizacións no mercado bursátil
Cotizacións no mercado bursátil / Bolsa de Madrid

Non foi unha boa xornada para Ence no mercado bolsista. A empresa foi o terceiro valor con maiores perdas na bolsa española este luns, o primeiro día completo no que se podía medir o efecto da recente sentenza da Audiencia Nacional.

Así, nun só día, Ence pediu o 12,79% do seu valor en bolsa.

Os seus títulos intercambiáronse a 2,55 euros, tras baixar 37 céntimos con respecto á xornada anterior, segundo recolle a prensa económica.

Xa o pasado venres, pouco tempo despois de coñecerse o fallo xudicial, a posición de Ence na bolsa española retrocedía outro 9,09%, cun prezo de 2,92 euros por acción, fronte aos 3,22 euros da apertura.

No que vai de ano, a compañía pasteira perdeu en bolsa un 24,89%.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en