Ence comunica aos solicitantes o reparto das súas axudas

Pontevedra
18 de maio 2017

226 proxectos dos 342 presentados á primeira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra recibirán axuda para o seu desenvolvemento, unha vez concluídos os exhaustivos traballos de valoración levados a cabo pola comisión de seguimento do pacto ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence

Juan Luis Arregui, presidente de ENCE Mónica Patxot

226 proxectos dos 342 presentados á primeira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra recibirán axuda para o seu desenvolvemento, unha vez concluídos os exhaustivos traballos de valoración levados a cabo pola comisión de seguimento do pacto ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence.

Segundo informan dende a empresa pasteira, para a avaliación do elevado número de solicitudes presentadas na primeira edición do plan contouse coa colaboración da consultora EY (Ernst & Young, SL), "que realizou unha pormenorizada e detallada valoración de todos os proxectos".

A área de actuación que máis axudas recibirá será apoio ao deporte de base, con 92 axudas outorgadas das 121 solicitudes presentadas, seguida de impulso ao emprendemento e a economía, con 34 axudas adxudicadas das 74 que se presentaron. 

A área de actuación que máis axudas recibirá será apoio ao deporte de base

A área de loita contra a exclusión social recibirá 28 axudas, axudas veciñais 26, recuperación e coidado da contorna 23, e apoio e axudas á educación e a cultura 22. 

Ence procedeu a comunicar a resolución da convocatoria a cada unha das entidades ou persoas físicas que presentaron solicitude, vía correo electrónico ou postal. Nas próximas semanas, a empresa convocará aos responsables dos proxectos seleccionados para a celebración dun acto de firma do convenio de formalización da adxudicación da axuda correspondente.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora