ENCE di que a utilización de gas natural como combustible de apoio en Lourizán minimizará as súas emisións

Pontevedra
08 de xuño 2018

O proxecto, que supoñerá un investimento de 2 millóns de euros, forma parte do programa de melloras ambientais da fábrica de Lourizán e "permitirá eliminar o uso de fuel-oil"

Chemineas da fábrica de Ence
Chemineas da fábrica de Ence / Mónica Patxot

Ence proxecta utilizar gas natural licuado (GNL) como combustible de apoio para o funcionamento da súa biofábrica de Lourizán, pero "non prevé construír unha gran regasificadora", como as existentes en porto para a recepción de buques metaneiros, senón tan só un "pequeno equipo " para gasificar o GNL "como hai en moitas outras instalación industriais y domésticas ".

O proxecto, que supoñerá un investimento de 2 millóns de euros, forma parte do programa de melloras ambientais da fábrica de Lourizán e "permitirá eliminar o uso de fuel-oil". Doutra banda, sinala Ence que "estará dotado das tecnoloxías e sistemas de seguridade máis avanzados do sector".

O gas natural transportarase ata a fábrica en camións cisterna a unha temperatura de 162 grados baixo cero. O gas será utilizado nos fornos de cal da planta e supoñerá unha maior facilidade de uso, xa que non precisa de quecemento de tubaxes e circuíto.

A compañía pasteira insiste en que "dentro dos combustibles de orixe fósil, o GNL é o que ten un menor impacto na contorna, á vez que permite unha eficiencia enerxética superior aos demais combustibles fósiles e, por tanto, menores emisións".

As "vantaxes ambientais" do gas levaron a Ence a incorporar o GNL mediante a instalación dun conxunto de equipos e dispositivos para a recepción, descarga e adecuación para o seu consumo. Entre as devanditas vantaxes destaca a súa ausencia total de emisión de partículas sólidas, hollines, fumes, entre outros, así como unha redución de emisión de CO2 en torno ao 30%. 

Finalmente Ence engade que "o uso de gas natural nas instalacións de Ence permitirá lograr cero emisións de partículas, así como unha emisión de SO2 nula por non ter xofre na súa composición. Ademais, o GNL ofrece mínimas emisións de NOx por ter mellor control de chama, así como unha menor pegada de carbono por ter un proceso de obtención máis limpo que o fuel.