Ence doa unha furgoneta á confraría San Telmo de Pontevedra

Pontevedra
08 de febreiro 2018

Dentro deste primeiro convenio de colaboración entre Ence Pontevedra e a confraría contémplase tamén o financiamento dos salarios do persoal de oficina e a instalación dun portalón de seguridade no punto de control do Ameixal

Ence doa unha furgoneta á Confraría San Telmo de Pontevedra
Ence doa unha furgoneta á Confraría San Telmo de Pontevedra / ENCE

Responsables da confraría de pescadores de San Telmo de Pontevedra recibiron este xoves de mans da empresa ENCE unha furgoneta isotérmica que permitirá o transporte da mercadoría extraída polas mariscadoras entre os puntos de control e a lonxa de Campelo.

Ao acto de entrega deste vehículo, celebrado no posto de control de Ameixal (Lourido), acudiron o patrón maior da confraría, César Rodríguez, e o director territorial de Ence, Antonio Casal.

A doazón enmárcase dentro do convenio de colaboración da I Convocatoria do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de Ence, asinado entre a fábrica de Lourizán e a confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra. Froito desta actuación conxunta, as partes comprométense a apostar polo "impulso ao emprendemento e a economía".

Dentro deste primeiro convenio de colaboración entre Ence Pontevedra e a confraría contémplase tamén o financiamento dos salarios do persoal de oficina e a instalación dun portalón de seguridade no punto de control do Ameixal.