ENCE recoñece estar nunha posición "menos sólida" ao non ter a defensa do Estado

Pontevedra
12 de abril 2019

A decisión do Goberno de non defender nos tribunais a prórroga concedida a Ence para manterse en Lourizán ata o ano 2073 fixo cambalear a estratexia xudicial da compañía. Así o recoñece a empresa, que recoñeceu este venres que a súa posición é "menos sólida" que hai uns meses

Ignacio Colmenares, presidente de ENCE (no centro) Mónica Patxot

A decisión do Goberno de non defender nos tribunais a prórroga concedida a Ence para manterse en Lourizán ata o ano 2073 fixo cambalear a estratexia xudicial da compañía. Así o recoñece a empresa, que recoñeceu este venres que a súa posición é "menos sólida" que hai uns meses

O escrito de achantamento presentado polo Avogado do Estado, con todo, non freará o procedemento xudicial aberto na Audiencia Nacional, a instancias do Concello de Pontevedra e das asociacións ambientais Greenpeace e APDR.

Segundo informou a compañía nun comunicado, a Audiencia Nacional mediante resolución xudicial outorgou prazo a Ence e ao seu comité de empresa, recentemente acudido no procedemento, para que formulen contestación á demanda do Concello.

Ence considera que esta decisión da Audiencia Nacional constitúe unha "boa noticia" para todos aqueles traballadores e familias, moitas delas do ámbito rural, que dependen directamente da actividade da súa fábrica de Pontevedra. 

Que este procedemento siga o seu curso, aínda sen o apoio do Estado, é "positivo" tamén, sinalan desde a pasteira, para as súas empresas auxiliares e provedores.

A "única diferenza", explican desde Ence, é que a Administración Xeral do Estado xa non os vai a defender.

Ence reitera que a súa actividade empresarial constitúe un exemplo de contribución á bioeconomía, a economía circular e a sustentabilidade e responde aos máis altos estándares de responsabilidade ambiental, mellorando "amplamente" as máis esixentes normas e autorizacións ambientais europeas e españolas.

Arquivado en