Ence sinala que se rexistra entrada de madeira con normalidade malia a folga de transportistas

Pontevedra
24 de decembro 2018

A Plataforma en Defensa do Transporte de Madeira en Galicia e Asturias convocaba para este luns un paro reclamando a Ence que levante a restricción de acceso ás instalacións da factoría o transportista que atacou dous ciclistas cun martelo 

Instalacións de Ence en Lourizán
Instalacións de Ence en Lourizán / Mónica Patxot

Ence comunicou que a subministración de madeira destinada ás biofábricas que a pasteira ten tanto en Pontevedra como en Navia está a se realizar con "absoluta normalidade". 

A compañía sinala que a entrada de camións coa materia prima está a levarse a cabo de forma regular nas instalacións, a pesar de que a Plataforma de Transportistas para a Defensa do Transporte de Madeira en Galicia e Asturias convocara un paro para a xornada deste luns.

A Plataforma quere con esta protesta que Ence levante a restrición de acceso ás instalacións ao transportista que atacara a dous ciclistas na entrada ao recinto que a empresa ten en Lourizán. 

Pola súa banda, a dirección de Ence indica que non se pode xustificar de ningún modo a agresión do transportista e constitúe un comportamento que a compañía rexeita firmemente. Ademais, asegura que se trata dunha persoa reincidente, que xa agredira a un empregado de Ence en 2015, o que lle ocasionou unha  sación dun mes. Por este motivo, os representantes da compañía sinalan que non se pode permitir o risco de que outro feito similar relacionado coa actividade que leva a cabo a empresa volva suceder. 

GRAN GUINDASTRE NO RECINTO DE ENCE

Un xigantesco guindastre de case 100 metros de altura instalouse nas dependencias da empresa para levar a cabo traballos de mantemento. 

Esta guindastre torre chama a atención desde distintos puntos da ría pontevedresa debido ao seu enorme tamaño.

ENCE NO IBEX 35 

A compañía de pasta de papel volveu este luns 24 a cotizar como novo valor do Ibex 35, principal índice de referencia da bolsa española. Retorna tras máis de 20 anos da súa última  presenci neste grupo. Ence entra en lugar da cadea de supermercados Día. 

A súa entrada provocou que o grupo empresarial teña subido ata os 5,23 euros en Bolsa.