Entra en vigor o novo contrato de residuos en Pontevedra con multitude de novidades

Pontevedra
30 de maio 2025
Actualizado: 14:17

A compañía PreZero, que xa prestaba este servizo na actualidade, cobrará un máximo de 11,9 millóns de euros anuais. Serán 238 millóns de euros durante as próximas dúas décadas

Borja Marín y Miguel Anxo Fernández Lores
Borja Marín y Miguel Anxo Fernández Lores / Pablo Ajuria

Este domingo día 1 de xuño entra o vigor o novo contrato de xestión de residuos e limpeza viaria adxudicado a PreZero polo Concello de Pontevedra.

A compañía, que xa prestaba este servizo na actualidade, cobrará un máximo de 11,9 millóns de euros anuais durante o próximos vinte anos (un 40,5% máis do que costa na actualidade).

En total son 238 millóns de euros durante as próximas dúas décadas, o maior contrato da historia do municipio.

Este venres, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, reuniuse coa directiva de Prezero-España.

Concretamente, con Borja Martín Zorita, director de Negocio Público Norte; Mariluz Rivas, directora de zona de Galicia e Asturias; Natalia Regueira, delegada Galicia Sur; e Alfonso Silveira, xestor do servizo en Pontevedra.

A partir do domingo, PreZero terá seis meses para implantar o novo servizo de residuos en Pontevedra con este contrato que é "punta de lanza".

Reunion PreZero
Reunion PreZeroConcello de Pontevedra

PreZero renova a adxudicación do servizo de xestión de residuos de Pontevedra e isto suporá un aumento do 67% de empregos directos e incluirá a construción da primeira planta de compostaxe do municipio, situada na Canicouva.

Aseguran que será unha instalación punteira que comezará a operar nun período de catro anos e tratará anualmente máis de 6.000 toneladas de residuos orgánicos.

Desta forma, a xestión dos biorresiduos seguirá tres métodos, os procedentes das zonas céntricas trataranse na planta de compostaxe e os de zonas periurbanas e zonas verdes acabarán en centros de compostaxe comunitaria, cuxo compost resultante será entregado aos veciños para os seus hortos e xardíns.

As zonas rurais, pola súa banda, recibirán da compañía composteros individuais para que poidan autoxestionar os seus residuos.

Neste contrato apóstase pola xestión sostible, con practicamente o 100% da flota nova eléctrica e de gas natural, deixando atrás o diésel. En total, contará con 100 novos equipos auxiliares e 61 vehículos con etiqueta ECO.

Ademais, inclúense outras melloras adicionais como a substitución dos colectores do centro histórico por illas emerxentes, a modernización do punto limpo municipal, a posta en funcionamento de dous puntos móbiles e a recollida de aceite doméstico usado.

A xestión de voluminosos, como mobles e aveños, será compartida cunha empresa externa elixida polo Concello con fins sociais, que quedará con aqueles obxectos que se poidan reutilizar ou restaurar, para darlles unha segunda vida.

A primeira mellora que se executará será o cambio de todos os colectores.

Este novo contrato tamén contempla unha campaña e plan de comunicación dirixida a toda a cidadanía, o cal xa está adxudicado.

O rexedor nacionalista asegurou que "temos posto nel moita ilusión polas súas características pioneiras", xa que traerá consigo "un cambio substancial" para o municipio pontevedrés.

Borja Marín y Miguel Anxo Fernández Lores
Borja Marín y Miguel Anxo Fernández LoresPablo Ajuria

Borja Martín, o director de negocio público de PreZero para a zona norte, explicou que o novo contrato "supón unha transformación integral do servizo como o coñeciamos até hoxe". Desde o persoal até a flota, as infraestruturas, a súa contribución á sustentabilidade e, por último, a participación cidadá, que para PreZero "é o eixo principal deste contrato".

Na parte de persoal crece un 67% o persoal directo, é dicir, de operarios que prestan o servizo de recollida de limpeza nas rúas.

Isto supón que dos 100 actuais chegarán a 168 aproximadamente, ademais das 30 persoas que estaban subrogadas e que van contratar para o que serían os traballos indirectos, de apoio ao que sería o servizo.

Este contrato sitúa a Pontevedra á vangarda de flota ecolóxica, porque o 93,5% estará propulsada con enerxías ecolóxicas, ben eléctricas ou ben gas natural comprimido.

De feito, dos 61 vehículos que van pór novos, soamente catro vehículos usan diésel, porque son equipos moi específicos que non existen no mercado con outra enerxía para propulsalos.

Ademais diso, todos os elementos auxiliares como os carriños autopropulsados que levan os barrenderos, as rozadoras, sopladoras, etcétera, pois tamén van ser todos eléctricos.

PreZero vai cambiar 4.000 colectores dentro da cidade. 2.800 serían de carga lateral, 1.200 serían de carga traseira e ademais imos ampliar o parque de composteiros colectivos, que actualmente é de 36, até 100.

Son 64 composteros colectivos máis que van axudar a mellorar a porcentaxe de recollida selectiva de orgánica e achegar máis a Pontevedra aos obxectivos europeos de reciclaxe.

Ademais diso, Pontevedra vai ter tamén a planta de compostaxe que se construirá durante o contrato, en tres fases. Unha primeira fase de deseño da planta, proxecto da planta, daquela a construción e finalmente a explotación.

Tamén cambiarán as papeleiras.

En canto ás instalacións. PreZero vai reformar a súa nave no Campiño, sacando o punto limpo a un terreo contiguo para que sexa máis accesible para a cidadanía e terá unha nave adicional na estrada de Marín e un cuartelillo máis no centro da cidade, ademais dun centro de atención cidadá situado nun punto que estea máis accesible ao cidadán.

Ademais, haberá dous puntos limpos máis móbiles.

Borja Martín tamén anunciou que "melloramos a recollida selectiva da hostalaría" que até agora era para a fracción vidro, pois agora se implementará unha recollida porta a porta para todas as fraccións (envases, papel e cartón, bioresiduos e fracción resto).

Mellorarase a recollida de aceite, de pilas e tamén de voluminosos.

Outra novidade do servizo é a eliminación de todos os colectores en superficie do centro histórico. Aparecerán unhas illas emerxentes nun horario de tarde e os veciños poderán depositar os seus residuos e, unhas horas máis tarde, desaparecerán para non ter os colectores na vía pública.

PreZero contará cunha educadora ambiental durante os primeiros cinco anos de contrato que terá como único labor concienciar á cidadanía e aos comercios da necesidade de reciclar adecuadamente. Para iso estableceron un 2% do orzamento do contrato no primeiro ano para este fin.

Por último, se implantá unha aplicación APP que facilitará ao cidadán o feito de poder transmitir ás concesionaria incidencias ou queixas para que sexan liquidadas e notificar esta solución ao denunciante.

A oficina de atención cidadá tamén vai estar máis cerca, máis céntrica, para contribuír á mellora do servizo.