Entregan mil cubos á veciñanza de Poio para a separación orgánica nos fogares

Poio
29 de novembro 2022

A entrega destas unidades levouse nas inmediacións do parque Rosalía de Castro, onde se empraza un dos Centros Composteiros Comunitarios que o Concello de Poio habilitou no casco urbano de San Salvador

Entregan mil cubos á veciñanza de Poio para a separación orgánica nos fogares
Entregan mil cubos á veciñanza de Poio para a separación orgánica nos fogares / Concello de Poio

O Concello de Poio entregou este martes un milleiro de cubos para utilizar na separación dos restos orgánicos nas vivendas. 

A entrega destas unidades levouse nas inmediacións do parque Rosalía de Castro, onde se empraza un dos Centros Composteiros Comunitarios que o Concello de Poio habilitou no casco urbano de San Salvador, ao abeiro do Plan Revitaliza, impulsado pola Deputación de Pontevedra.

A adquisición destes 1.000 cubos realizouse ao abeiro dunha liña de axudas aberta desde a Xunta de Galicia con fondos europeos.

Os composteiros comunitarios activos a día de hoxe en San Salvador son os situados no parque Rosalía de Castro, en Río Miño e en Valiña. Proximamente se emprazarán outros dous dispositivos na parroquia, dada a gran acollida por parte da cidadanía.