Esborrállase unha parte do vello cinema de Combarro

Poio
09 de abril 2022

Trátase dun edificio en ruínas situado xunto á igrexa parroquial. O esborralle non produciu danos persoais nin afectou a ningunha outra infraestrutura ou inmoble. Dado o estado de deterioración que presentaban o edificio, o Concello de Poio xa procedera hai algún tempo a precintar e valar o acceso como medida de precaución

Esborrállase unha parte do vello cinema de Combarro Concello de Poio

Na madrugada deste sábado tivo lugar un desprendemento de parte da fachada de ladrillo e o tellado do coñecido como antigo cinema de Combarro.

Trátase dun edificio en ruínas situado xunto á igrexa parroquial. 

O esborralle non produciu danos persoais nin afectou a ningunha outra infraestrutura ou inmoble.

Dado o estado de deterioración que presentaban o edificio, o Concello de Poio xa procedera hai algún tempo a precintar e valar o acceso como medida de precaución.

O concelleiro de Patrimonio, Xulio Barreiro, lembrou que esta parcela pertence ao Arcebispado. Nos próximos días reunirase co párroco de Combarro para estudar fórmulas para mellorar este espazo.