Escolares de catro centros educativos de Vilaboa volveron unirse un ano máis para cumprir co compromiso solidario coas familias máis desfavorecidas. Para iso realizaron unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, artigos de todo tipo e un total 546 euros en metálico que se distribuirán entre os máis necesitados.
As directoras dos centros, en coordinación coa ANPA, encargáronse de organizar esta campaña e levar todo o recollido ao Concello, onde a concelleira de Servizos Sociais, María Canosa, se encargará de distribuílo entre as familias que atende a administración local. Ademais, este Nadal tendrán reforzada a atención das necesidades básicas cos cheques que poderán canxear por alimentos frescos nos establecementos de alimentación local de Vilaboa.
Pola súa banda, o alcalde do municipio, César Poza, agradeceu esta iniciativa que desenvolven anualmente os centros educativos e encomiou o traballo da comunidade educativa "en Vilaboa, no rural, axudando ao alumnado a ter unha visión ampla e global do mundo que os rodea". Tamén deu as grazas ás empresas que colaboran na campaña.