Os fogares mellor iluminados para o Nadal de Vilaboa empezan a recibir o seu premio

Vilaboa
20 de decembro 2021

O Concello de Vilaboa desvelará esta semana o nome dos finalistas do Concurso de Iluminación de Nadal convocado para todas as vivendas do municipio, pero este luns xa recibiron o seu recoñecemento os primeiros fogares que se prepararo para estas dasta cunha decoración especial, os de Figueirido

Gañadores do Concurso de Iluminación de Nadal de Figueirido
Gañadores do Concurso de Iluminación de Nadal de Figueirido / Concello de Vilaboa

O Concello de Vilaboa desvelará esta semana o nome dos finalistas do Concurso de Iluminación de Nadal convocado para todas as vivendas do municipio, pero este luns xa recibiron o seu recoñecemento os primeiros fogares que se prepararo para estas dasta cunha decoración especial, os de Figueirido

Así, o alcalde de Vilaboa, César Poza, participou na entrega de premios do Concurso de Iluminación de Nadal organizado pola asociación de veciños de Figueirido, no que colaboraron a comunidade de montes desta parroquia e o Concello.

Despois de que o xurado visitara as vivendas inscritas neste concurso, que esta ano alcanzou a súa cuarta edición, resultaron gañadores Lupe Braña, Andrea Boullosa e José Juncal, que recibiron unha cesta con produtos de Nadal.

Esta iniciativa dos veciños de Figueirido foi ampliada este ano polo Concello a todo o término municipal, coa convocatoria dun concurso no que se inscribiron unha ducia de fogares. Os gañadores coñeceranse antes da Noiteboa.