Figueirido xa goza do Nadal cun castelo de luces

Vilaboa
27 de novembro 2023

Esta parroquia de Vilaboa prendía a iluminación durante a xornada do venres 24 ao igual que sucedía en Vigo. Esta tradición de potenciar as luces de Nadal é fomentada pola asociación veciñal e a comunidade de montes

Iluminación do parque de Nadal en Figueirido
Iluminación do parque de Nadal en Figueirido / Concello de Vilaboa

Desde o venres 24, a parroquia de Figueirido ofrece unha humilde réplica á iluminación do Nadal de Vigo, que tamén era estreada nesa data.

O parque central ofrece luces, grilandas, zorras cos seus renos e un gran castelo iluminado. 

Tampouco falta neste escenario o Portal de Belén. Os máis pequenos tamén teñen a oportunidade de trasladar as súas peticións de agasallos a Papá Noel.

Figueirido é un dos puntos da contorna que conta con máis tradición de adornos de Nadal, fomentado pola asociación veciñal e pola comunidade de montes, que en anos anteriores convocaban concursos con premios ás vivendas mellor decorados.

O Concello apoia esta iniciativa coa idea de que se contaxie o ambiente destas festas a todas as parroquias de Vilaboa.