Escolares e colectivos sociais celebran cun roteiro o Día Mundial das Cidades

Pontevedra
13 de novembro 2019

A andaina realizouse de forma simultánea á organizada pola Deputación en Vigo, na que participaron preto de duascentas persoas

Escolares e colectivos sociais celebran cun roteiro o Día Mundial das Cidades
Escolares e colectivos sociais celebran cun roteiro o Día Mundial das Cidades / Cristina Saiz

Máis dun cento de persoas, entre as que figuraron estudantes de Primaria e Secundaria de centros educativos da cidade, así como usuarios de diversos colectivos sociais, participaron este mércores na andaina organizada pola Deputación en Pontevedra para conmemorar o "Día Mundial das Cidades", baixo o lema "Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións".

Na camiñada participaron estudantes do CEIP Vilaverde de Mourente e do IES A Xunqueira I, así como persoas usuarias das asociacións Xuntos e Xoán XXIII.

Dúas guías acompañáronos no percorrido que fixeron polos lugares máis representativos da cidade e lles explicaron a súa historia e evolución.

A andaina realizouse de forma simultánea á organizada pola Deputación en Vigo, na que participaron preto de duascentas persoas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora