O CEIP A Xunqueira presenta ante Lores o proxecto: 'O alcalde e Pontevedra'

Pontevedra
04 de marzo 2020

Miguel Anxo Fernández Lores visitou o centro A Xunqueira con motivo do proxecto 'O alcalde e Pontevedra' no que os alumnos do centro comentaban as cousas que máis lles gustaba da cidade. O alcalde, tras ver o vídeo, deu un charla, respondeu as preguntas dos nenos e fotografiouse con eles

O alcalde responde á pregunta dunha alumna do centrro
O alcalde responde á pregunta dunha alumna do centrro / Boris Rodríguez Pintos

O CEIP A Xunqueira recibiu a visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, con motivo do proxecto 'O alcalde e Pontevedra'.

O profesorado e alumnado do centro gravaron un vídeo no que os rapaces contaban o que máis lles gustaba sobre a cidade de Pontevedra. Algunhas das cousas máis citadas foron as prazas, as festas ou o loro Ravachol.

Tras a presentación do vídeo Lores deu un discurso sobre a situación actual da cidade e como pretende que evolucione nos próximos anos.

Tamén houbo tempo para unha rolda de preguntas na que os nenos presentaban as súas dúbidas ao rexedor. O alcalde respondeu a preguntas como 'Que che gusta de ser alcalde?' ou 'Por que decidiches ser alcalde?', entre outras. O mandatario contestou que unha das cousas que máis lle gusta é coñecer xente en eventos como o que estaba a ter lugar no centro escolar.

A visita finalizou cunha sesión fotográfica na que as diferentes clases pousaban xunto a Lores como recordo da súa vista.