Escolares de Poio despídense da Primaria nunha xornada de convivencia en Tambo

Poio
22 de maio 2025

Esta actividade pretende facilitar a transición ao instituto e promover valores como a amizade, o respecto e o compañeirismo

Xornadas de convivencia para o alumnado de 6º de primaria
Xornadas de convivencia para o alumnado de 6º de primaria / Concello de Poio

Co obxectivo de fomentar a integración desde a diversión e estreitar lazos antes de dar o paso a unha nova etapa educativa, reuníronse este xoves na Illa de Tambo os preto de 100 alumnos de 6º de primaria dos cinco centros de Poio para coñecerse e compartir experiencias antes de comezar o instituto o próximo curso.

Durante a xornada, o alumnado participou en actividades e xogos na praia, realizou unha ruta de sendeirismo pola illa e fixeron unha gran busca do tesouro.

Esta actividade pretende facilitar a transición ao instituto e promover valores como a amizade, o respecto e o compañeirismo.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, achegouse ao Porto de Combarro para saudar ao grupo e comprobou como o alumnado estaba expectante por participar nesta segunda edición da actividade gratuíta tanto para os colexios como para a rapazada.

Xornadas de convivencia para o alumnado de 6º de primaria
Xornadas de convivencia para o alumnado de 6º de primaria     Concello de Poio

MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Por outra banda, este xoves tamén se reuniu a Mesa Local contra a Violencia de Xénero de Poio para abordar, de xeito conxunto, todos os temas relacionados coa atención ás vítimas e coa prevención da violencia machista no municipio.

Durante o encontro, revisáronse as últimas cifras de denuncias, ordes de protección de vítimas e afastamento de agresores, e fíxose unha análise pormenorizada do traballo realizado polo Centro de Información á Muller de Poio, desde os trámites de solicitude de prestacións para as vítimas de violencia machista, ata un balanzo da atención psicolóxica e de intervención.

Mesa local de violencia de género
Mesa local de violencia de género     Concello de Poio