A concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra abriu o pasado xoves as inscricións para participar en sete novas roteiros fluviais gratuítos polo Lérez en táboas de pádel surf. Do mesmo xeito que ocorreu coas oito actividades programadas anteriormente, as prazas esgotáronse en cuestión de horas.
A titular deste departamento, Yoya Blanco, móstrase satisfeita coa demanda que están a ter esta actividade e coas boas impresións que levaron os participantes tanto das saídas diúrnas como nocturnas.
O programa O río como rúa principal inclúe un total de 15 itinerarios gratuítos. A próxima rolda comezará a fin de semana do 22 de agosto e concluirá o día 30. "Trátase dunha proposta única para percorrer a cidade sobre o Lérez, un paseo atípico custodiado por pontes, lendas, edificios ou esa vixía eterna das augas da nosa cidade, a Basílica de Santa María", define a concelleira.