Esixen unha reforma integral do Mercado ante as súas "manifiestas deficiencias"

Pontevedra
14 de xaneiro 2022

Máis de medio centenar de pracieras uniron as súas firmas para esixir ao Concello unha reforma integral da planta baixa do mercado de abastos, ao entender que as actuais instalacións presentan "manifestas deficiencias" que dificultan enormemente a súa actividade. Deste malestar fíxose eco o Partido Popular 

Silvia Junco e Pepa Pardo
Silvia Junco e Pepa Pardo /

Máis de medio centenar de pracieras uniron as súas firmas para esixir ao Concello unha reforma integral da planta baixa do mercado de abastos, ao entender que as actuais instalacións presentan "manifestas deficiencias" que dificultan enormemente a súa actividade.

Deste malestar fíxose eco o Partido Popular que, a través dunha moción que presentarán ao pleno, demandarán que se atenda esta petición e se aborde un plan para dinamizar e potenciar a praza de abastos pontevedresa.

A edil Pepa Pardo lembrou que a última gran reforma do mercado, máis aló da realizada para o gastromercado da primeira planta, data de 2003 e desde entón hai numerosas melloras "que es necesario acometer".

Pardo explica que estas actuacións teñen como base que os usuarios "puedan disfrutar de sus compras de manera cómoda y útil y se garantice un trabajo en condiciones adecuadas".

O PP entende que a sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a redución da pegada de carbono, xunto á accesibilidade e humanización, deben de ser os eixos desta reforma, para modernizar e consolidar o mercado como un "referente" na cidade.

A moción dos populares reclama a creación dunha partida orzamentaria para a reforma do mercado que, entre outras cuestións, debería abordar a renovación das bancadas, a instalación de portas correderas nas entradas ou unha rampla no acceso principal.

Ademais, piden sistemas de renovación de aire en cada planta, novos sistemas de desaugadoiro, habilitar un lugar para o lavado das caixas, instalar unha máquina de xeo e consignas de frío ou dotar de baños accesibles á planta baixa do mercado e outro para persoas ostomizadas.