A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta a martes 21 de setembro con 139 casos activos de coronavirus. Isto supón un descenso dun só caso con respecto ao luns, segundo informou o Servizo Galego de Saúde.
A actualización diaria de datos do Sergas sinala que nas últimas 24 horas sumáronse ás estatísticas 7 novos contaxios e producíronse 8 altas epidemiolóxicas.
Tampouco hai cambios na cifra de hospitalizados, con 7 persoas positivas en covid ingresadas en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e unha máis evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 21.034 persoas na área sanitaria, rexistrándose 203 falecementos de pacientes coa infección activa.
O Sergas informa tamén que nas últimas 24 horas realizou 153 probas PCR.