Os casos activos de covid seguen en descenso na área sanitaria con 130, nove menos

Pontevedra
22 de setembro 2021

O Servizo Galego de Saúde informou de 9 contaxios novos en Pontevedra e O Salnés na última xornada. A cifra de hospitalizados mantense en 8 persoas ingresadas, das que unha evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos

Punto de realización de probas PCR no Hospital Provincial
Punto de realización de probas PCR no Hospital Provincial / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde informa que este mércores 22 de setembro a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 130 casos activos de covid. Esta cifra supón un descenso de 9 con respecto ao martes.

No balance do Sergas recóllese que na última xornada sumáronse ás estatísticas 9 contaxios novos, mentres que 18 persoas afectadas recibiron o alta epidemiolóxica ao superar a infección.

Onde non hai cambios é na cifra de hospitalizacións, con 7 persoas ingresadas en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e un máis evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.

Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.052 persoas na área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 203 falecementos de pacientes con positivo activo en covid.

Por último o Sergas sinala que nas últimas 24 horas realizou 269 probas PCR.