A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou este luns, 24 de novembro, o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Plan Inungal), en fase de preemerxencia, debido ás abondosas precipitacións rexistradas nas últimas horas.
O 112 Galicia informa que a estación fluvial de Umia-Gallo se encontra baixo vixilancia reforzada, ao observarse desbordamentos puntuais.
O risco é maior na contorna do Concello de Cuntis e, en xeral, na comarca do Umia, onde se mantén o aviso amarelo.
Hai unha previsión de ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas na provincia de Pontevedra.
As autoridades insisten na importancia de adoptar medidas preventivas, evitar actividades próximas aos ríos e mobilizar con axilidade os recursos dispoñibles en caso de emerxencia.
#Alertas112 ⬆️🏞️
— 112 Galicia (@112Galicia) November 24, 2025
A Xunta vén de activar o Plan #Inungal para o seguimento dos ríos.
🔗 https://t.co/yydfkoiXTE
🔻
🔻
🔻
La Xunta viene de activar el Plan #Inungal para el seguimiento de los ríos.
🔗 https://t.co/OmbX74ftdP pic.twitter.com/9qhoE0lZrF
Recoméndase á cidadanía permanecer informada e actuar con máxima precaución ante a evolución da situación meteorolóxica.