Estas son as primeiras achegas á nova ordenanza de protección animal

Pontevedra
08 de febreiro 2017

As primeiras achegas que chegan ao consistorio piden que a ordenanza limite o encadenamiento de cans, que acabe co uso de animais en espectáculos e atraccións, ou que deixe claras as competencias do Concello en materia de sensibilización e prevención

Unha mascota no medio da rúa
Unha mascota no medio da rúa / Mónica Patxot

A Asociación Animalista Libera e a entidade internacional FFW reclaman poder participar nos procesos de consulta e elaboración da ordenanza de protección animal en Pontevedra aos que o goberno municipal convidou ás entidades protectoras locais para lograr o mellor marco regulador.

As primeiras achegas que chegan ao consistorio piden que a ordenanza limite o encadenamiento de cans, que acabe co uso de animais en espectáculos e atraccións, ou que deixe claras as competencias do Concello en materia de sensibilización e prevención.

Os animalistas tamén apostan por unha ordenanza que "blinde" a xestión responsable das colonias felinas, así como o catálogo de prohibicións.

Outra das suxestións que trasladaron ao goberno local é que invista fondos na creación de zonas de esparexemento para animais domésticos.

Pola súa banda, a concelleira de Cidadáns en Pontevedra, María Rey, recolleu as achegas dos colectivos Palleiros e Difusión Felina Pontevedra respecto ao abandono e malos tratos animal.

María Rey insiste en que "non podemos deixar que todo o peso deste traballo recaia nestes colectivos. É un labor de civismo pero tamén ambiental na que o concello debe estar implicado".