Estas son as rúas polas que non poderás circular o día 31 durante a San Silvestre

Pontevedra
29 de decembro 2025
Actualizado: 02 de xaneiro 2026

Entre as 16 e as 19 horas, non se poderá acceder nin saír das zonas afectadas. Esta medida tamén afecta aos vehículos estacionados no percorrido. O Concello repartiu folletos coas indicacións

Percorrido da San Silvestre 2025
Percorrido da San Silvestre 2025 / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra lembra que durante a tarde do vindeiro mércores, 31 de decembro, a celebración da San Silvestre afectará á mobilidade pola cidade.

A partir das 16 horas, non se poderá circular polas vía afectadas polo percorrido da proba.

A carreira terá o punto de inicio e remate na avenida de Montero Rios e circulará por Riestra, Augusto Gonzalez Besada, Praza de Galicia, Augusto García Sánchez, General Rubín, Iglesias Vilarelle, Andrés Mellado, Peregrina, Praza da Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, rúa Real, rúa Serra, Avenida de Bos Aires, Avenida do Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar e Praza de España.

As limitacións de mobilidade durarán ata a finalización da carreira, sobre as 19 horas.

Durante esas tres horas, non se poderá acceder nin saír das zonas afectadas, que se detallan no mapa que adxunta esta información. 

Esta medida tamén afecta aos vehículos estacionados nas zonas polas que pasa a proba. 

O Concello repartiu nas caixas de correos das zonas afectadas folletos coas indicacións de mobilidade.