A partir deste luns 29, as obras que se acometen na rúa Loureiro Crespo e no barrio do Castañal avanzan cara ás rúas Forcarei e Ángel Amor Ruibal. Por este motivo realizarase un corte de tráfico a partir das 08.00 horas do luns ata o 15 de xullo, aínda que con posibilidade de ampliarse segundo o desenvolvemento dos traballos.
O acceso aos garaxes do tramo en obras realizarase pola rúa Loureiro Crespo, polo carril que se manterá operativo ao tráfico en dirección ao centro da cidade. A partir da intersección coa rúa Amor Ruibal permitirase a circulación cara á Avenida de Lugo.
A obra de reforma de Loureiro Crepo e O Castañal comezaba o 27 de abril cun orzamento de preto de 3 millóns de euros. O prazo de execución é de 11 meses e a intención do goberno local é trasladar o modelo de cidade a esta zona que comprende as rúas Loureiro Crespo, Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas.
En toda esta contorna renovarase a pavimentación e melloraranse as beirarrúas, coa renovación dos servizos que se atopan baixo terra. Tamén está prevista unha nova iluminación, mobiliario urbano e, nalgúns espazos, plantaranse árbores.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.